No día de hoxe as organización sindicais con presenza na mesa sectorial de ensino (CIG, ANPE, UGT e CCOO) fixeron pública a data da primeira xuntanza cos representantes da Consellería de Educación.
Tras unha mobilización contundente pola rúas de Compostela, convocada por este sindicato sen apoio algún e tras un inicio de curso cheo de abusos, manipulación e, sobre todo, silencio xeralizado, o vindeiro luns 3 estará sobre a mesa a convocatoria do concurso de méritos que decidiará o futuro de centos de traballadoras temporais, interinas e substitutas.
No texto da convocatoria todo segue o guión programado para poñer todos os paus posibles ao profesorado, alén dos xa postos polo Ministerio cando o requisito de galego pode obterse mediante un exame previo de non ter xa o C1. Isto facillita a entrada de persoal que traballe fóra da Consellería na actualidade e contradi a finalidade do proceso de estabilización, converténdoo nun concurso de traslados previo a ser funcionario.
Este é o borrador que está publicado nas webs sindicais da convocatoria para todos os corpos salvo PTFP: BORRADOR.
Aquí o borrador para PTFP: BORRADOR
A CUT Ensino, tal e como se acordou nas asembleas celebradas o pasado día 21, estará na rúa o día 3 para exixir unha vez máis a ampliación da oferta publicada e impugnada dende a nosa asesoría.
Facemos un chamamento a todo o profesorado, no exercicido do seu dereito a usar os permisos de horas ou asuntos particulares, a acudir o luns ás 10.00 á Rúa Madrid, 2 (porta do EGAP, Área Central) en Compostela ante os xefes da consellería e os sindicatos que consentiron esta situación na que nos atopamos hoxe.
Luns as organizacións sindicais teñen unha nova oportunidade para poñerse do lado dos que estaremos na rúa defendendo os postos de traballo destruídos e plantarse fronte á Consellería. Eles teñen a forza na Mesa, nós nas rúas e todas xuntas aínda podemos mudar o conto.
APOIA Á CUT ESTE LUNS ÁS 10