A Central Unitaria de Traballadoras mobilizarase o vindeiro sábado, 22 de maio, na defensa da consolidación do emprego temporal en todo o sector público galego.
Farao a través dunha concentración ás 12 horas na praza do Toural de Compostela, na que ademais recollerán sinaturas de apoio á iniciativa lexislativa popular rexistrada o pasado mes de febreiro por este sindicato no parlamento galego, na que se insta aos nosos gobernantes a pór fin á elevada taxa de temporalidade na administración galega, que nalgúns casos chega ao 80%.
Esta mobilización pretende sumar forzas ás distintas iniciativas de interinos en fraude en todo o estado español e reclamar unha solución xa a un problema de temporalidade e precariedade arrastrado dende hai décadas, condicionando a vida de moitas familias e a calidade dos servizos públicos para toda a sociedade galega.