O próximo 2 de Novembro está convocada unha folga indefinida pola Central Sindical CIG, debido ao preacordo asinado por CCOO e UXT, que suporá unha discriminación laboral para as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar.
Dende a CUT estamos en contra de dito preacordo, ao tempo que lamentamos que previo á dita convocatoria non se procurara a suma de forzas sindicais e sociais. Dito isto, entendemos que na situación actual igualmente debemos sumar forzas e secundar dita convocatoria de folga polo seguintes motivos que establece o preacordo asinado:
- Eliminación da actualización do IPC anual
- Desigualdade nas táboas salariais
- Desprotección na seguridade laboral
- Incremento marxinal do quilometraxe
Este preacordo lévanos a todas as traballadoras do SAF a un empobrecemento e precarización dun sector feminizado, excluíndonos social e laboralmente, non garantindo unhas condicións socioeconómicas mínimas e suficientes para unha supervivencia digna.
Iso é o que nos debe unir e sumarnos a participar nesta convocatoría.