A Central Unitaria de Traballadores/as sumarase á convocatoria de FOLGA XERAL NACIONAL, feita pública pola CIG, para o 29 de marzo. Mostramos a nosa total adhesión a este chamado polo que tamén convocaremos como sindicato seguindo as canles da legalidade vixente.Entendemos que a elección da data é un acerto ao facer seguimento da data elixida tamén pola maioría sindical do País Vasco, o que reforza o contido e necesidade do internacionalismo proletario e máis entre nacións sen estado. A gravidade da situación económica e social fai desta convocatoria unha necesidade incontestábel, e por este motivo dende a CUT facemos un chamamento público a todas as forzas sindicais que defendan o sindicalismo de clase a sumarse a esta convocatoria e traballar sen descanso para que a folga sexa un éxitoA nova Reforma Laboral agocha na súa letra pequena a súa verdadeira intención: acabar coa negociación colectiva, acabar coa representación sindical, acabar co dereito a folga, acabar en definitiva levándonos ao século XIX.O traballo que temos por diante é moito, pero a nosa dignidade como traballadores e traballadoras non entende de cansazo.