A CUT SOLIDARÍZASE COS TRABALLADORES DESPEDIDOS NO XORNAL “A PENEIRA”

78

  O xornal A Peneira, dirixido por Guillermo Rodríguez Fernández, vén de despedir á totalidade dos seus traballadores aos que lles adebeda seis meses de salario e as indemnizacións correspondentes, indicándolle aos mesmos que non vai cumprir con estes pagos. Así mesmo leva tamén sete meses sen retribuir o traballo aos dous colaboradores externos que axudaban habitualmente á elaboración dos xornais. O empresario Guillermo Rodríguez xustifica a medida alegando problemas económicos,  sen embargo, non dubidou en recrutar a novo persoal que está a  traballar nas oficinas do xornal. A empresa segue a súa actividade e acaba de sacar á rua un novo número do xornal con outros traballadores distintos.  Ante esta situación os afectados teñen interpostas as correspondentes demandas contra A Peneira e califican o trato recibido dende a dirección do xornal como de lamentable e humillante despois do traballo realizado durante un lustro que supuxo unha notable melloría na calidade dos produtos.