O pasado día 12 de decembro centos de traballadores do naval saían a rúa en Puerto Real (Cadiz), para demandar carga de traballo para os estaleiros. Froito desta movilización, dez traballadores da industria auxiliar foron detidos, polos incidentes acontecidos na ponte de Carranza, oito pasaron á prisión preventiva e dous quedaron en liberdade.
Causa alarma o ingreso impresión dos oito compañeiros. O Ministerio do Interior, unha vez máis quere exemplarizar pola vía do castigo fascistoide, que é o que se pode facer (esmolar), e o que non (reivindicar con dignidade). Este feito non é máis que un dramático prólogo, do que queren facer coa reforma do Código Penal e coa chamada Lei de Seguridade Ciudadana. Desde a CUT témonos dirixido ó CAT (Colectivo Autónomo de Trabajadores), para transmitirlle a nosa solidariedade cos compañeiros encadeados, esixindo a súa inmediata posta en liberdade. Tamén para mostrarlle o noso total apoio a súa xusta loita.