A CUT solidarízase co naval de Cádiz

139

Nos anos oitenta viu a chamada reconversión industrial, que non era outra cousa que o prezo que tiñamos que pagar para entrar na UE. Case corenta anos despois chega a segunda fase desa reconversión conectada co pago dos fondos da UE; en ambos os dous casos foi o PSOE (desta vez a carón de Unidas Podemos) o encargado polo sistema para nos asoballar.

Tanto entón coma hoxe é o metal quen marca o camiño de resistencia ante os ataques do capital. Estes días vemos nas rúas de Cádiz como a clase traballadora mantén aceso o facho da dignidade mediante o combate nas rúas, sen ceder ante o discurso dos medios de comunicación, lacaios submisos do capital, e ante a violencia ilexítima das forzas e corpos de seguridade.

A clase traballadora digna e combativa non vai ceder nin terá medo porque se sabe dona do seu destino. Nós si temos a lexitimidade de responder con contundencia porque defendemos o noso futuro, os nosos dereitos e o noso pan.

Dende a CUT arroupamos ao metal en folga de Cádiz e animamos a que o facho prenda en todas nós, porque só na rúa imos atopar a solución. A vida digna dunha soa persoa traballadora ben merece o lume de todos os colectores do mundo.