Despois da apertura de sobres, onde un CEE de emprego presentase a todos os contratos de limpeza da área de Santiago có único obxecto de ter marxe de beneficios á costa da explotación das diversidades funcionais, dende a Central Unitaria de Traballadoras manifestamos o noso profundo descontento coa situación actual da contrata do CHUS.
non imos permitir este ataque á dignidade das persoas con diversidade funcional
Ningunha outra empresa se presenta a este concurso con oferta de mínimos, porque a propia patronal de limpeza e a parte social reclamamos este prego que vai en detrimento das condicións das traballadoras.
Xa antes de iniciarse o proceso, o comité enviou escrito á xerencia solicitando a participación na elaboración dos pregos e indicando que a forma máis rendible de prestar o servizo era internalizándoo, tal como suxire o Consello de Contas.
A situación actual vai supoñer, polo menos no caso do CHUS, onde só se presenta Ilunion, que os problemas comecen de xeito inmediato e podemos atoparnos en un par de meses con traballadoras con dous réximes salariais diferentes, ao estar insertas nunha relación laboral especial. Cremos que a inclusión das persoas con diversidades debe ser efectiva e non a través dunha relación laboral diferenciada.
Como o contrato non resulta rendible para ningunha empresa que o poida prestar mantendo as condicións salariais, non imos permitir este ataque á dignidade das persoas con diversidade funcional, á discriminación salarial e ó empeoramento das condicións do persoal que xa temos no cadro.
A CUT solicita, polo tanto, o rescate e prestación directa do servizo limpeza e que o aforro en IVE e a marxe empresarial repercutan na mellora das condicións do cadro de persoal.