A CUT SEGUE NAS RÚAS: ONTE COMPOSTELA, HOXE VIGO, MAÑÁ MORRAZO E SÁBADO EN CORUÑA

135

O día 25 de xullo a CUT estivo nas rúas de Compostela facendo patria do único xeito posíbel, coa clase traballadora. Foi unha boa ocasión para demandar a necesidade dunha nova folga xeral o 26 de setembro porque os ataques que estamos a sufrir non poden quedar sen resposta. É hora pois de sumar forzas máis ala dos intereses sectarios das siglas porque só coa unidade de clase imos ser quen de opoñer resistencia nesta batalla entre eles e nós.Os compañeiros de Galizacontrainfo, unha vez máis, fixeron seguemento do acontecido en Compostela, agradecemos o seu traballo que podedes ver no seguinte enlace:http://galizacontrainfo.org/galeria/72157630752361112Hoxe día 26 a CUT fixo unha concentración diante dos catro bancos en protesta pola situación de explotación á que nos están sometendo, o acto rematou coa entrada na sede central de NOVAGALICIABANCO e a chegada dos protectores do capital, a policía nacional.Mañá venres terá lugar a concentración habitual diante do Concello de Cangas e o sábado a manifestación da plataforma Coruña en Loita contra os Expedientes de regulación.