O xoves 24 de setembro a CUT realizará concentracións na Coruña, Compostela, Vigo e Cangas baixo o lema “Non ao confinamento dos servizos públicos”. As devanditas concentracións terán lugar diante das oficinas do INEM para resaltar a deixadez de funcións por parte das administración públicas.
Coa escusa da COVID 19, que semella que a eles lles afecta máis que ao común da clase traballadora, está a precarizarse a atención ao público, de xeito que as persoas traballadoras atopan mil e unha dificultades para solventar os seus problemas (prestacións, denuncias, conciliacións, inspección de traballo….) e implicando unha desprotección absoluta.
Dende a CUT analizamos que coa cortina COVID están a artellar unha nova fase de explotación capitalista que inclúe a destrución de todo o público. Saímos á rúa o 24 para visibilizalo e defendérmonos, sairemos despois para tomar a iniciativa na recuperación e conquista de novos dereitos.
As rúas son nosas, non van confinalas!