A CUT sae á rúa nas cidades galegas “Por un cambio real, Folga xeral”

161

A Central Unitaria de Traballadoras chama á clase obreira a unirse ás marchas convocadas este 1 de maio en diferentes puntos do país e baixo alianzas diversas.
Hai manifestacións convocadas nos seguintes puntos:

COMPOSTELA-12:30h. PRAZA 8 DE MARZO
VIGO-11:00h. PRAZA FERNANDO O CATÓLICO
OURENSE-19:00h. PONTE ROMANA
A CORUÑA-12:30h. PRAZA DE PONTEVEDRA

Neste 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, imos saír ás rúas de Galicia co lema “Por un cambio real, Folga Xeral! Porque queremos traballo con dignidade e non contratos fixos-discontinuos. Porque queremos unhas pensións dignas e non esmolas. Porque queremos abolir a Lei Mordaza. Porque queremos un país con capacidade para vivir a igualdade de homes e mulleres, para defender o noso patrimonio natural. Porque queremos ensino público, sanidade pública, medios de comunicación públicos e transportes púbicos dignos para a clase traballadora. Porque queremos unha emenda á totalidade do capitalismo e dos seus lacaios.

Únete!