Un Decreto Lei foi a forma normativa elixida polo goberno progre para consumar unha grotesca traizón á clase traballadora. Falabamos, xa hai tempo, de que estaban a cociñar unha farsa que para a clase traballadora ía ser, de novo, perda de dereitos. A Unión Europea manda, España obedece.
A publicación do decreto non significa que a loita rematara para nós, tan só é un impulso para que, con máis motivos se cadra, tomemos as rúas, porque só a presión da clase traballadora pode mudar as políticas capitalistas.
Por iso sairemos de novo á rúa o vindeiro día 20 de xaneiro, dende o cruce de Vía Norte ás 19:30 horas. Saímos e pisamos piche para conquistar dereitos e tomar conciencia de que este momento demanda unha folga xeral.