A sección sindical da CUT en Copo Ibérica volve recoller o froito do traballo desenvolvido nos 8 anos que leva na representación das traballadoras nesta empresa.
Nestas eleccións obtiveron a mesma representación de 2019, -5 delegadas das 7 elixidas no Colexio de Especialistas e non cualificadas, o único na que a CUT presentaba candidatura-, medrando mesmo en votos e quedando a 3 votos de obter a 6ª representante.
Estes foron os resultados:
COLEXIO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADAS
CUT: 118 votos
UGT: 22 votos
CIG: 12 votos
CUT: 5 delegados
UGT: 1 delegado
CIG: 1 delegado
COLEXIO DE TÉCNICOS
UGT: Non presenta candidatura
CUT: Non presenta candidatura
CIG: 2 Delegadas.
Composición do comité: CUT 5, CIG 3, UGT 1.
Os resultados obtidos volven avalar o modelo sindical de CUT COPO IBÉRICA, baseado na unidade da asemblea de traballadoras, a quen agradecen os votos recibidos.