A Central Unitaria de Traballadoras vén de interpoñer recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a Resolución do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da modificación da Instrución do 1 de abril de 2019 pola que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguemento da incapacidade temporal polos/as inspectores/as médicos/as e subinspectores/as sanitarios/as, controladores da xestión da incapacidade temporal, das unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral da Consellería de Sanidade.
“A demanda é parte do proceso de acción pública da CUT contra a ofensiva criminalizadora do goberno de Rueda contra as traballadoras, neste caso entregándolle ás mutuas patronais a posición decisiva sobre as altas nos procesos incapacidade temporal controlados polo SERGAS.”
A demanda é parte do proceso de acción pública da CUT contra a ofensiva criminalizadora do goberno de Rueda contra as traballadoras, neste caso entregándolle ás mutuas patronais a posición decisiva sobre as altas nos procesos incapacidade temporal controlados polo SERGAS.
“Dende a CUT organizarase unha campaña de información á cidadanía con reparto de folletos explicativos nos centros de traballo e centros hospitalarios e de saúde, ao tempo que chama á poboación a mobilizarse contra esta medida.”
Dende a CUT organizarase unha campaña de información á cidadanía con reparto de folletos explicativos nos centros de traballo e centros hospitalarios e de saúde, ao tempo que chama á poboación a mobilizarse contra esta medida.
A saúde das traballadoras non pode quedar nas mans das mutuas patronais. A baixa médica non é absentismo. Enfermar non é fraude. Recuperarse non é un privilexio.
Coa nosa saúde non se negocia.












