A CUT RECLAMA A LIBERDADE DO TRABALLADOR MIGUEL NICOLÁS

173

O traballador Miguel Nicolás leva preso dende o pasado 15 de decembro sen que aínda hoxe saibamos o motivo, probablemente o seu deilito sexa o de ser un mozo con conciencia de clase que loita polos seus dereitos exercendo a súa liberdade co compromiso sindical.Dende que o Estado español o secuestrou non deixaron de lle elminar dereitos, como o dereito ás visitas, a restrición e censura das súas cartas, o cambio de módulo… e un longo etcétera que non vai conseguir derrubalo.O martes 1 de febreiro celebrouse unha nova concentración reclamando a súa posta en liberdade, concentracións que se repetirán todos os primeiros martes de mes. En Compostela tiñamos anunciada outra concentración que foi adiada ao ser prohibida pola subdelegación de goberno.