A CUT reafírmase como sindicato maioritario na CRTVG

471

A falta de celebrarse as eleccións sindicais na delegación territorial da CRTVG en Vigo, que serán este vindeiro venres 14 de maio, a CUT revalidou onte a confianza maioritaria do persoal da CRTVG, tanto na sede central de San Marcos como nas delegacións da Coruña, Lugo e Ourense

En San Marcos, que escollía 21 membros para o comité de empresa, a CUT volveu ser o sindicato máis votado con 180 apoios, case un 30% dos sufraxios válidos.  Nas delegacións obtivo todos os representantes en xogo (3 na Coruña, 1 en Ourense e 1 en Lugo).

Con estes resultados reafírmase a confianza maioritaria dos traballadores e traballadoras dos medios públicos de comunicación do país no sindicalismo combativo e de clase que representa a CUT, malia os esforzos que fixo a patronal durante todo o proceso electoral e mesmo durante a xornada de votación por favorecer unha sigla proempresarial co claro obxectivo de aminorar a influencia da CUT. A composición do comité intercentros, que representa ao persoal de todos os centros de traballo, determinarase unha vez se celebre a elección na delegación de Vigo.