A CUT participa no Congreso da Intersindical Valenciana

186

A CUT está a asistir estes días ao Congreso da Intersindical Valenciana baixo o lema “La nostra veu, la nostra força”.

O venres tivo lugar a Conferencia Internacional, onde debatemos sobre o sindicalismo do do XXI e os retos que teremos que enfrontar. A CUT, por medio do noso Secretario Xeral Ricardo Castro, trasladou a importancia de situar o foco na contradición principal, a loita de clases, e non deixarse enganar polo ruído do capital. Debemos loitar contra a división do traballo que levou á división ideolóxica, convertendo as partes en todos illados e desclasados (sanidades, pensións, educación…) que só lle convén ao capital.

Así mesmo, queremos enviar tamén un saúdo fraternal ao compañeiro Vicent Mauri, que deixa os órganos de dirección.