A CUT participa en Tinduf no X Congreso de UGTSARIO

271

A CUT visita de novo os campamentos de refugiados de Tinduf para acompañar ao pobo sahararuí e ao ao sindicato UGTSARIO na celebración do seu décimo Congreso Nacional.

A presenza da CUT radica en dúas razóns fundamentais:

  • A primeira, por sermos un sindicato de clase que cremos firmemente no internacionalismo proletario e partimos do dereito de autodeterminación de todos os pobos do mundo, sexan ex colonias africanas ou nacións sen estado da Europa capitalista.
  • A segunda, porque somos moi conscientes da débeda histórica co pobo saharauí, que non só contraeu a España colonial franquista e borbónica coa explotación e o saqueo das riquezas do Sáhara Occidental. Dende os anos 50 do século pasado ata o ano 1999, máis de 40.000 pescadores galegos faenaron en aguas do caladoiro saharauí, no desenvolvemento dun rol que constituiu as economías de milleiros de familias do litoral galego.


É por iso que a CUT leva a “Cuestión Saharauí” marcada no seu ADN. Dende 1988 ata finais do século pasado foron anos de dura batalla sindical en defensa dos nonos dereitos laborais. Dereitos que sempre vencellamos ao dereito inalienable do Pobo Saharauí á autodeterminación e á independencia. Unha longa e dura batalla sindical que deu lugar ao nacimento da nosa organización sindical en 1999.

Hoxe lembramos, 30 anos despois, a viaxe a este Campamento de Refuxiados en agosto de 1995 cunha representación de pescadores galego convidados ao IX Congreso da Fronte Polisaria.

A CUT está e estará sempre coa causa do pobo saharauí ata alcanzar a súa independencia nacional.

Do mesmo xeito estaremos fronte á atitude da España tardofranquista na súa longa traxectoria de traizón ao Pobo Saharauí. Fixérono en 1975 coa vergoñente venda á monarquía sápatra de Marrocos, e volveróno facer coa receita autonómica auspiciada recentemente polo Presidente Sánchez Castejón e compañía.

Viva a clase traballadora saharauí!

Viva a UGTSARIO!

Viva o Sáhara libre!