A Central Unitaria de Traballadoras, representada polo responsable de Acción Sindical Vítor Mariño, viaxou ata Durango para participar canda outros sindicatos vascos (STEILAS, ELA, LAB y Etxalde) e outros a nivel estatal (CUT Aragón, IAC-CAT, CSI, CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL -representada polo sindicato ferroviario- e Intersindical valenciana) na sexta asemblea xeral do sindicato ESK baixo o lema “Loita por unha vida digna”.
“A ESK celebra así os seus 40 anos de sindicalismo neste ano. 300 persoas, entre afiliadas do ESK e representantes destas organizacións compartiron espazo e súa visión do sindicalismo e das problemáticas alén dos centros de traballo durante esta xornada.”
Tamén asistiron representantes de organizacións sindicais do territorio vasco (Gaur Geroa, Gune Ekosozialista, ATH-ELE, Orain RBI e Argilan-ESK).
A ESK celebra así os seus 40 anos de sindicalismo neste ano. 300 persoas, entre afiliadas do ESK e representantes destas organizacións compartiron espazo e súa visión do sindicalismo e das problemáticas alén dos centros de traballo durante esta xornada.
As participantes chamaron á esperanza na unidade e loita dende a base, con raigame nos distintos territorios.
Dende a ESK transmitiron unha foto positiva da evolución do sindicato nos últimos 5 anos, con case 7 mil afiliadas e preto de 300 delegadas.
Dende a CUT parabenizamos ao sindicato polo traballo nestes 40 anos e amosamos o noso apoio a seguir traballando en conxunto para mellorar a vida e os dereitos das traballadoras.
Viva a loita obreira!
Viva o sindicalismo internacionalista!