A CUT participa da fundación da UIS-METAL da F.S.M.

212

Durante os días 19 e 20 de maio, a nosa central sindical participou do Congreso fundacional da UIS do Metal, Minería e Metalurxia, da Federación Sindical Mundial (FSM), que se celebrou en Donostia (Euskadi) e cuxa organización correu a cargo do sindicato LAB.A dito evento asistiron 38 organizacións sindicais procedentes de 30 países, de Europa, África, Asia e América Latina, tendo que destacar neste aspecto o boicot do Goberno español a hora da expedición de visados, que impediu a presencia no Congreso das delegacións de: Ecuador, Pakistán, Mauritania, Ucrania, Colombia, etc.Durante as dúas sesións as organizacións presentes foron debullando nas respectivas intervencións, a situación nos distintos países e rexións do mundo, tanto na orde económica e política, como no tocante a realidade organizativa sindical.Así mesmo aprobáronse unha ducia de resolucións presentadas polos sindicatos presentes.O Congreso da UIS-Metal, Minería e Metalurxia, elixiu ao seu Consello Executivo, do cal formarán parte sindicatos de: India, Bielorrusia, Sudán, Chile, Galicia, Cuba, Brasil, Euskadi, Grecia, Colombia, Perú, Chipre e Venezuela e elixiu tamén como Presidente ó compañeiro Ardhendu Dakshi da central CITU de India e Jesús María Gete Olarra do sindicato LAB como Secretario Xeral.Desde a CUT, saudamos a celebración deste Congreso e consideramos, que a Federación Sindical Mundial, ven de dar un paso máis na reorganización e ampliación desta internacional, supoñendo sen dúbida un avance estratéxico da clase obreira no mundo, e nas distintas realidade nacionais.