A CUT ORGANIZA UN ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

50

Co gallo do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, a Secretaría das Mulleres da CUT, organiza un acto de presentación do traballo realizado pola Marcha Mundial das Mulleres sobre VIOLENCIA DE XÉNERO. Terá lugar o 18 de novembro ás 20:00 hs na A. C. Bou Eva.O capitalismo segue a usar o patriarcado coma unha ferramenta máis de explotación, engadindo sobre as mulleres esa outra discriminación, a de xénero. Non haberá unha sociedade xusta e digna para os traballadores e traballadoras mentres existan o capitalismo e patriarcado. As mesmas reformas laborais deseñadas polo capital mostran claramente que deseñan a discriminación laboral con reformas específicas coma a Lei de Familia aprobada polo goberno ultraconservador da Xunta.