O pasado 21 de maio celebráronse eleccións sindicais en “Os cargadores”, unha empresa de estiba ubicada en Chapela. Elixían un comité de cinco representantes, dos que a CUT obtivo 2, CCOO 2 e UXT 1. As eleccións marcaron o final dun proceso e o comezo doutra historia.
Antes deste proceso electoral houbo unha compañeira que se achegou a nós falándonos das condicións de explotación nas que estaban a vivir. A maioría das traballadoras e traballadores están contratados baixo a figura de fixo-discontino e cobran por debaixo do salario mínimo. Cando chegan as vacacións, toca porlle fin ao contrato.
A nosa primeira pregunta foi quen estaba no Comité. A resposta foi que non tiñan representación sindical. A CUT non cumpre o requisito do 10% de representación que impón a lei coma impedimento para que calquer sindicato poida convocar eleccións. As veces que convocamos sempre houbo algún dos tres grandes sindicatos (UXT, CCOO e CIG) impugnando o proceso
A nosa primeira pregunta foi quen estaba no Comité. A resposta foi que non tiñan representación sindical. A CUT non cumpre o requisito do 10% de representación que impón a lei coma impedimento para que calquer sindicato poida convocar eleccións. As veces que convocamos sempre houbo algún dos tres grandes sindicatos (UXT, CCOO e CIG) impugnando o proceso, demostrando que para eles é máis importante cumprir esa lei que garantir que os traballadores e traballadoras teñan representación. Para que isto non volvera suceder decidimos celebrar asemblea de traballadores e traballadoras, xa que os grandes sindicatos non utilizaban o seu 10% para convocar as eleccións.
Conseguimos convocar esa asemblea e entón apareceron os demais, CCOO e UXT, dos que nada sabiamos ata entón. Agora estaban alí para “defender” aos traballadores e traballadoras. Nós sospeitamos que están aí para conformar unha maioría que evite a política sindical da CUT, que non é outra que axudar a impulsar a dignidade e a xustiza.
O pasado 21 de maio comezou unha nova etapa na que a CUT pelexará sen descanso por conseguir este obxectivo. Niso andará a nosa representación.