A candidatura da Central Unitaria de Traballadoras obtivo o apoio maioritario nas eleccións sindicais conxuntas para os centros de Compostela e A Coruña celebradas este xoves, 20 de xuño, ás que tamén concorría unha candidatura por CC.OO.
“A CUT agradece a confianza depositada na compañeira electa e asume con ilusión e a forza da representatividade obtida no comité o traballo que está por vir.”
O resultado das votacións, nas que participaron 16 das 20 persoas do censo foi o seguinte:
- 11 votos CUT
- 4 votos CCOO
- 1 voto nulo
A CUT, que obtén 1 delegada máis, contará así coa maioría no Comité Intercentros de Aldeas infantís, ao ter 6 representantes (as 3 delegadas de Vigo, 2 delegadas de Redondela e 1 de Compostela-A Coruña) e CCOO 5.
A CUT agradece a confianza depositada na compañeira electa e asume con ilusión e a forza da representatividade obtida no comité o traballo que está por vir.
Somos eu porque somos nós!