A Central Unitaria de Traballadoras medrou en votos e representatividade nas eleccións sindicais do Froiz na provincia de Pontevedra celebradas este 7 de xuño.
A candidatura da CUT para o colexio de especialistas -conformada íntegramente por mulleres- obtivo 141 votos, sendo a 3ª lista máis votada. No colexio de técnicas non presentamos candidatura.
O comité estará composto por 12 delegadas da CIG, 5 de UGT, 2 da CUT, 2 de CCOO e 1 da CGT. Nesta ocasión a USO quedou por debaixo do 5%, polo que non obtivo representatividade.
A CUT valora positivamente o incremento de votos e delegadas e agradece o traballo desenvolvido polas compañeiras, así como cada un dos votos recibidos.