CUT negocia o convenio de Urbaser Redondela

86

Despois de varias reunións entre o delegado da CUT, e representantes deste sindicato, coa parte empresarial (URBASER), a negociación do convenio para o servizo de limpeza de Redondela está nun punto morto. Só a representación dos traballadores, por delegación destes, mostra unha clara vontade de sacar adiante un convenio digno facendo continuas e racionais propostas. Se a empresa continúa polo vieiro da especulación terán a resposta contundente que demandan. Continúan as negociacións entre a representación sindical da CUT e a parte empresarial do servizo de limpeza en Redondela, iniciadas o pasado mes de xuño. A empresa, URBASER, ven de renovar a concesión do servizo para os vindeiros vinte anos. Aínda así argumenta que tal servizo non lle deixa marxe de beneficio para mellorar as condicións salariais e sociais -ambas as dúas en constante recesión- dos traballadores, sendo estes os únicos que tentan unha saída negociada ao convenio. Nos vindeiros días serán os traballadores os que, unha vez máis, dean un paso para desbloquear unha situación que comeza a ser insostíbel.