A CUT na xuntanza de sindicatos nacionais e alternativos celebrada en Barcelona

78

O pasado 10 de setembro reuníronse en Barcelona as organizacións sindicais nacionais e alternativas do estado español. Precisamente facíase un ano dunha xuntanza similar da que naceu a inicitiva do Movemento do 22M ou Marchas da Dignidade.As organizacións presentes neste encontro que tivo como anfitriona á Intersindical Alternativa de Catalunya (IAC), foron: CUT de Galicia, LAB e ESK de Euskal Herria, IV do País Valencía, SAT de Andalucía, CSI de Asturies, IC de Illas Canarias, CUT de Aragón e Confederación Intersindical.Ademais do correspondente debate sobre a conxuntura socio laboral, as organizacións presentes no evento debateron tamén sobre a represión sindical e a necesidade de articular respostas coordinadas desde o sindicalismo alternativo.Os sindicatos presentes asinaron de man d@s seus/súas secretari@s xerais unha declaración sobre o dereito a decidir das nacións sen estado e en apoio ó proceso soberanista catalán.

  1. Catalunya, é unha nación e que o pobo catalán é o seu suxeto histórico e político, no que reside a plena soberanía e que nel recae ol dereito a decidir e, por elo pode dotarse das formas de organización, democráticas, políticas e sociais que libremente queira escoller.
  1. A celebración dun referéndum onde o pobo catalán poida decidir seu futuro político, é un dereito e unha exixencia democrática e, polo tanto, os asinantes damos soporte de forma clara e sen fisuras á consulta que se quere celebrar o día 9 de novembro para que o pobo de Catalunya poida decidir seu futuro e constituir un estado independiente, si ésta é a súa vontade.
  1. Exiximos ó goberno e as institucións españolas que respeten a vontade do pobo catalán para que o próximo 9N poida votar e decidir seu futuro político. En caso que a consulta sexa prohibida, e o pobo catalán decida utilizar a desobediencia civil como garantía para que ésta poida celebrarse, nos comprometemos a estar a seu lado para facela posible.

No marco da celebración da Diada a CUT participou en distintos actos organizados pola IAC e o Proces Constituint.