A CUT NA RÚA O DÍA 29 DE SETEMBRO

51

 Quedan poucas horas para o primeiro paso contra as reformas capitalistas, a CUT estará nas rúas dende o primeiro minuto formando piquetes para garantir o dereito a folga e aniquillar as presións da patronal na contra do seu exercicio. Recordámoslle á Patronal que poden garantir o dereito ao traballo aos parados e paradas dende o día 30 de setembro.Os piquetes non serán a nosa única actividade, tamén faremos dúas concentracións que poden derivar en manifestación: unha en Composltela, ás 11:30 horas diante do Hostal, e outra en Vigo, ás 12:30 horas na Praza de España.