A CUT MOBILIZARASE POLO ENSINO PÚBLICO

59

A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) apoia incondicionalmente as mobilizacións convocadas en toda Galiza para o próximo xoves 10 de Maio en loita por un ensino público, galego, de calidade e de balde.Neste momento no que a dereita españolista e reaccionaria que goberna na Xunta e na Moncloa pretende arredar ás clases traballadoras do acceso ao ensino universal, é deber fundamental do sindicalismo nacional e de clase defender sen tregua todos os dereitos conquistados e loitar frontalmente contra as agresións privatizadoras, elitistas e neoliberais da dereita española.De feito, a recentemente constituída CUT-Mocidade participará activamente nas mobilizacións convocadas polas organizacións do estudantado e da mocidade en resposta a todas as agresións que está a sufrir o estudantado da clase obreira.Non podemos aceptar que continúen a empregar a crise, que eles mesmos provocaron, para nos privar dos nosos dereitos e ampliar mais aínda os seus privilexios. Nos podemos tragar con un ensino tan só accesíbel para os fillos e as fillas dos mais ricos. Non podemos permitir que nos rouben o que é noso.A pública é servizo. A privada é beneficio.O 10 de maio todas/os á rúa!