A CUT inicia o estudo do ERE de Citroën para a súa impugnación xudicial

64

A agresión aos dereitos laborais na empresa Citroën non para. Desta volta un ERE-ERTE con afectación a máis de 400 persoas que está a ser sometido a estudo pola asesoría do sindicato para a súa impugnación xudicial, despois do acordo unánime da asemblea sección sindical da CUT.

Estas “medidas que non aportan nada positivo na mellora das condicións” aseveran un comunicado da CUT Citroën, sen que a empresa “adopte compomisos co emprego”. Desta maneira a mercantil impón novas condicións laborais para 510 traballadores e traballadoras, contemplando modificacións temporais para 158 persoas e varias medidas de extinción de postos de emprego e flexibilidade laboral que están debulladas no documento que a sección sindical fixo público e que se pode consultar no seu blogue.