Este luns 28 de setembro celebráronse eleccións sindicais na empresa que xestiona o mantemento no Edificio Técnico de alta velocidade en O Irixo. O proceso foi promovido por asemblea de traballadoras, que elixiron á CUT para representar os seus intereses de clase.
Unha vez obtido o delegado correspondente comeza agora o camiño na consecución de melloras para todo o cadro de persoal. O primeiro obxecitivo será romper a muralla de silencio na comunicación, pois este servizo se xestiona dende Getafe e non hai interlocución persoal para as persoas traballadoras. O modelo elixido polo estado español foi este, subcontratas de subcontratas ata que para ser empresa só precisas un móbil e un logo mentres o traballo o saca adiante a clase traballadora, xerando a plusvalía que se dilúe nas mans desa empresa que é un logo.
O modelo que elixiron as traballadoras para facer sindicalismo confronta directamente co modelo produtivo capitalista: o sindicalismo no Irixo será de asemblea e humano. Faremos o que teñamos que facer.