A CUT GAÑA AS ELECCIÓNS EN PESCANOVA

61

O mércores día 15 celebráronse as eleccións en FRIVIPESCA CHAPELA (PESCANOVA) para elexir 9 membros do comité de empresa, dous en técnicos e administrativos, para os que só había candidatura de USO e UGT, e sete para especialistas e non cualificados, con candidaturas de USO, CCOO, UGT, CIG e CUT. A candidatura da CUT foi a máis votada, 49 votos, seguida do empate a 38 entre CCOO e CIG, 15 para USO e 13 para UGT. O reparto deu dúas delegadas para a CUT, 2 para a CIG e 1 para os outros tres sindicatos. As eleccións serviron para evidenciar que o traballo das nosas delegadas deu os seus froitos, traballo marcado pola dignidade e constantemente perseguido pola dirección da empresa. Por diante temos 4 anos para seguir alicerzando o sindicalismo de clase e galego no que fundamentamos os nosos principios. Abofé que as nosas delegadas electas cumprirán as espectativas que nelas puxeron os compañeiros e compañeiras. Novamente agradecemos o apoio obtido e parabenizamos o traballo das nosas delegadas.