Celebráronse as eleccións sindicais en Pescados Marcelino, en Aldán, onde elixían un representante. Presentaron candidatura UGT e CUT. A nosa candidata, Carmen Moledo, gañou por 18 votos a 6. Chega agora a hora de traballar para agradecer o apoio e iso faremos. Grazas pola confianza!