A CUT GAÑA AS ELECCIÓNS EN PANRICO SLU

92

Os compañeiros Xaquín Conde, Luis Blanco e Alberto Gendra veñen de ser electos nos comicios sindicais celebrados o pasado xoves 27 de outubro, sendo así a da Central Unitaria de Traballadores/as a candidatura máis votada no centro de traballo compostelán da empresa Panrico SLU, situada no Polígono do Tambre.A nova composición do Comité de Empresa, que sitúa á fronte á CUT con 3 delegados no Colexio de Especialista e Non Cualificados/as (EnC), é unha boa nova para o conxunto do sindicalismo nacional e de clase, ao térense rachado unhas dinámicas de reparto da maioría da representación colectiva entre o amarelismo sindical español (CCOO e UGT) que viñan a estar enquistadas nunha tradición de anos neste centro de traballo.A representación sindical no novo Comité de Empresa repártese segundo os seguintes criterios: 3 delegados a CUT, 2 CIG, 2 UGT, 2 CCOO.O resultado por colexios foi o seguinte:Colexio de Especialistas e non Cualificados/as: 3 CUT; 2 CCOO; 1 CIG; 1 UGT.Colexio de Técnicos/as e Administrativos/as: 1 CIG; 1 UGT. A CUT non presentou candidatura, presentándoa CCOO sen acadar representante