A CUT expresa o seu pesar pola morte de Begonha Camanho

128

A escritora e xornalista santiaguesa foi sempre un exemplo de compromiso coas causas do feminismo e a liberación social e nacional de Galicia.Un compromiso que Begonha Caamanho amosaba coas palabras e cos feitos, coa súa presenza en multitude de manifestacións, e actos públicos de protesta e solidariedade coas loitas feministas, independentistas e socialistas galegas, e tamén na escrita, dándolle voz ás silenciadas no canon patriarcal en obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.Desde onte, o noso país é un pouco máis pequeno. Que a terra che sexa leve, compañeira.