A CUT, diante do secuestro por parte do ente sionista de Israel dos activistas pro Palestina Saif Abukeshek e Thiago Ávila, ven a manifestar:
En primeiro lugar exiximos a inmediata posta en liberdade dos dous activistas secuestrados polo réxime sionista. A criminal acción do secuestro é se cabe aínda máis repugnante ao realizarse en augas internacionais.
É evidente que para a coalición Epstein o Dereito Internacional non existe. Boa proba do que dicimos é a longa traxectoria de piratería criminal practicada polos E.U.A. e por Israel.
Doutra banda vimos exixir do Goberno de Pedro Sánchez a actuación firme fronte ao ente sionista exixindo a posta en liberdade de Saif e Thiago. O goberno español debe de facer valer o cumprimento do Dereito Internacional conculcado co secuestro dos dous compañeiros.
Mais alá da urxencia do secuestro, exiximos do Goberno Español a ruptura de relacións diplomáticas co estado sionista. Estamos fartos de palabrería cosmética; o goberno debe responder con contundencia á actuación criminal do ente sionista.
A CUT chama a secundar todas aquelas iniciativas unitarias convocadas en solidariedade con Saif Abukeshek e Thiago Ávila, así como aquelas en solidariedade con Palestina.
Secretaría de Relacións Internacionais da CUT












