A CUT, representada polo seu Secretario Nacional de Relacións Internacionais, Manuel Camaño, estivo presente na 9ª Conferencia Rexional Europea da FSM os pasados días 1 e 2 de outubro, celebrada desta vez en Roma.Nas intervencións da Conferencia estivo presente a crise do sistema capitalista que está a afogar, unha vez máis, á clase traballadora, e valoranse novamente as tomas de posicións conxuntas facendo valer a forza do internacionalismo proletario como medio de loita contra as medidas que o capital está a tomar.No discurso da súa intervención, Manolo Camaño insistiu na necesidade de acumular forzas como método de resistencia aos ataques que, como clase traballadora, estamos a sufrir. A seguir vai a intervención completa do compañeiro Camaño.
Intervención do compañeiro Manuel Camaño Fandiño, Secretario de Relacións Internacionais da CUT (Galicia) á 9ª Conferencia Rexional Europea da FSM-WFTU.
Queridos/as camaradas asistentes a esta 9ª Conferencia Rexional Europea da FSM:Queridos compañeiros/as anfitrións da USB de Italia:Un saúdo fraternal e de clase, en nome da Central Unitaria de Traballadores/as de Galicia (CUT).É un motivo de inmensa satisfacción para nós, estar presentes nesta 9ª Conferencia da FSM de Europa. Humildemente queremos contribuír desde a clase traballadora de Galicia, a lograr o obxectivo de dar unha resposta sindical de clase ás medidas anti obreiras do capital. Queremos unir esforzos, coordinar alternativas nesta nova etapa histórica de regresión salvaxe sen precedentes, nos dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadoras dos distintos países.Imos obviar na nosa intervención, o diagnóstico desta conxuntura no plano da afectación á clase traballadora sen dúbida coincidente con intervencións anteriores feitas nesta Conferencia. Iso si, sendo conscientes das caracterizacións da Crise Económica en cada realidade nacional concreta.Na perspectiva da CUT, cando falamos de unir esforzos, aglutinar alternativas e distintas respostas sindicais, dicímolo pensando que hai que facelo en base a contidos concretos. Debemos de situar a resposta conxunta e as nosas respectivas respostas sindicais en cada realidade nacional concreta. É certo, que ó ataque frontal do noso inimigo de clase, ten que haber unha resposta sindical na mesma medida, pero esta non valería de nada nin sería eficaz, se non se contextualiza na realidade concreta.Dicía o camarada Cleanthes Cleanthous na súa intervención, que esta crise transcende ó plano económico, por ter un perfil estrutural de carácter terminal. Estamos de acordo. Esta, converterse simultaneamente en crises; de valores, crise enerxética, crise cultural, etc.. As receitas neoliberais non só pretenden eliminar as conquistas e dereitos da clase traballadora. O capitalismo na ansia de supervivencia arrasa e lamina con esas mesmas receitas; as tradicións culturais, as linguas minoritarias, ós pobos, os dereitos civís, impactan de xeito despiadado ó medio natural, os recursos, ó medio ambiente. É sen dúbida, unha crise xeral do capitalismo.É en ese marco, é nese contexto, onde a CUT conxuga a perspectiva sindical de clase indisolublemente unida á perspectiva reivindicativa de Galicia como nación oprimida. Camaradas; queremos ser traballadores libres nun país libre. So así podemos de verdade ser solidarios cos traballadores e pobos do Mundo. Para nós non hai internacionalismo proletario sen a realización plena dos traballadores/as na súa realidade natural e nacional.Compañeiros e compañeiras asistentes a esta 9ª Conferencia da FSM de Europa:É posible inverter a actual correlación de forzas. É posible sacar ó conxunto da clase traballadora do marasmo a onde nos levou a traizón sindical das corporacións institucionais e a investida ideolóxica da burguesía. É posible rescatar a ilusión e a entrega sindical para realizar o noso papel histórico como clase obreira.Compañeiros/as: Reiteramos desde a CUT, o noso saúdo fraternal e solidario a todos/as presentes e ás organizacións que representades. Estamos seguros que esta 9ª Conferencia servirá para avanzar na loita sindical global, así como nas distintas loitas de cada unha das nosas organizacións, nos nosos países e realidades.Viva a Federación Sindical Mundial !!Roma, 1 de outubro de 2010.