A CUT estivo no encontro sindical internacional de París

71

A CUT asistiu a un Encontro Sindical Internacional que se celebrou en París do 22 ó 24 de marzo. A organización deste evento correu a cargo da central sindical do estado francés Solidaires. Ó mesmo asistiron máis de cincuenta sindicatos alternativos de Europa, América, Asia e Africa.As organizacións asistentes, pertencen as distintas correntes de pensamento e ás distintas internacionais sindicais. Durante as xornadas discutíuse, a articulación de estratéxias comúns para combatir o actual modelo capitalista.
A este encontro asistiu en nome da nosa organización, o compañeiro Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais, que presentou unha ponencia coa posición da CUT. Do estado español, estiveron presentes; LAB de Euskal Herria, IAC de Cataluña, Intersindical Valenciana , Sindicato Unitario e a CGT.
Para a CUT por riba das diferencias e dos perfiles ideolóxicos dos distintos sindicatos, a nosa aposta é a de erguer unha rede internacional que armonice, puntos de encontro que fagan posible respostas sindicais efectivas.Nesta ligazón podedes descargar a achega do noso sindicato neste encontro.