A CUT estivo no 50 aniversario da RADS

74

O 27 de febreiro de 1976, no contexto da retirada da poboación saharauí ten lugar en Bir Lehlu unha localidade ao sur do territorio do Sahara Occidental, a proclamación da República Árabe Saharauí Democrática, a RASD. Días mais tarde, o 4 de marzo, terá lugar a constitución do primeiro Goberno presidido por El Luali Mustafa Sayed.

Desfile militar RDS

Os pasados días 8 e 9 de abril celebrouse nos Campamentos de Refuxiados de Tinduf o 50º aniversario daquel transcendental feito. A CUT estivo presente en tal celebración en resposta ao convite trasladado pola Fronte Polisaria.

“A cuestión saharauí forma parte do noso ADN. A nosa débeda e a nosa solidariedade co pobo saharauí é para a CUT unha responsabilidade ineludible.”

A celebración cos desfiles civil e militar tiveron lugar durante os dous días na wilaya (provincia) de Auserd, onde estivemos presentes as representacións dos distintos ámbitos -político, sindical, cultural, institucional…- de máis de vinte e cinco países.

Como temos manifestado moitas veces, a cuestión saharauí forma parte do noso ADN. A nosa débeda e a nosa solidariedade co pobo saharauí é para a CUT unha responsabilidade ineludible. Pasaron 50 anos desde a proclamación da RASD e a vontade do pobo do Sáhara Occidental segue firme.