A CUT estivo nas rúas defendendo o sector público

245

Os gobernos central e autonómico teñen un obxectivo común: desmantelar o sector público, privatizalo e meter cartos no peto para pagarlle aos bancos. Pan para hoxe e fame para mañá.

A CUT saíu ás rúas na Coruña, en Compostela, no Morrazo e en Vigo para defender o sector público, para renegar do confinamento e mecanización da súa xestión e para defender que somos persoas e que a atención, para ser pública, ten que ser persoal. A diminución da atención presencial en favor da telemática é unha clara pexa na democratización do acceso á xestión de trámites burocráticos, xa que impide o acceso a eles ás persoas sen acceso a internet, sen identificación dixital ou, simplemente, sen as habilidades técnicas que se precisan para resolvelos.

Cómpre esixir o aumento de persoal e a blindaxe dos servizos públicos para garantir os nosos dereitos. Iniciamos un camiño de mobilización porque só nas rúas seremos quen de defendelos e conquistalos.