O pasado 27 de maio volvemos a rúa, coma xa fixeramos no ano 2008, a demandar a convocatoria dunha Folga Xeral. As medidas que tomou o goberno de Zp, ditaminadas dende o ventre do capitalismo, irán acompañadas dunha nova Reforma Laboral que seguirá as receitas da patronal. Estas acutacións contra a clase traballadora, sen pudor algún, prodúcense dentro dun contexto de parálise social na que ten grande responsibilidade o sindicalismo pactista e de paz social. De terse producido unha contestación cando a CUT o demandaba non teriamos chegado a esto.As rúas de Vigo foron de novo testemuña de que a clase obreira demanda unha folga xeral, e con nós compartiron a rúa a CGT, Esquerda Unida, FPG, PCPG, Esquerda Anticapitalista, Forza Republicana, Redesescarlata e Adiante. Ao final do acto, Lorena Cambón, deu lectura ao manifesto conxunto.Foi este o primeiro paso dunha loita necesaria.