A CUT ESTIVO DE NOVO NAS RÚAS DE GALICIA

73

Onte día 19 de xullo, centos de miles de traballador@s saíron a rúa en Galicia. A CUT tamén apoiou a convocatoria que fixo CCOO, UGT e CIG, en A Coruña, Compostela, Vigo,… Con nos estivo tamén todo sindicalismo alternativo, fronte ás medidas antiobreiras do goberno español. Quedou demostrado unha vez máis, que a clase traballadora e os sectores populares estamos fartos das receitas do PP. Quedou claro que sobran as condicións obxectivas para non so ie á convocatoria da segunda Folga Xeral, senón para pasar á ofesiva e botar abaixo os gobernos da Xunta e de Madrid.Cal é entón o problema? É obvio que os sindicatos maioritarios de dirección española, non queren poñer en xaque ó sistema capitalista. Eles son conscientes que se nas actuais circunstancias, a clase traballadora pon en marcha a súa capacidade con obxectivos claros, o único final posible sería o custionamento frontal do actual sistema herdeiro da reforma política  franquista, coa restauración da putrefacta monarquía borbónica.A CUT claro que quere unidade sindical, pero sen cair na trampa dos mensaxes e obxectivos ambiguos que veñan a defraudar á clase traballadora. Estivemos onte cos sindicatos maioritarios, pero estivemos tamén antronte sos, porque queremos que se visualize por tod@s que existe un sindicalismo de clase e alternativo, que si quere cambiar as cousas.Nese sentido, a presencia da CUT nas mobilizacións de onte día 19, estivo marcada pola nosa esixencia para concretar a Folga Xeral para o vindeiro 26 de setembro.