A CUT esixe a readmisión dunha traballadora no Hospital Fátima de Vigo

254

A CUT concentrouse este 1 de xullo diante do Hospital Fátima de Vigo contra o despedimento da compañeira Amaya por parte da empresa ARAMARK, que ten a concesión do servizo de cociña neste hospital.

Chegou o momento de estar na rúa facendo realidade o que se reclamaba dende os balcóns, traducindo os aplausos en feitos como a defensa e a solidariedade coas traballadoras da sanidade. Non imos consentir que, despois do esforzo realizado durante estes meses de COVID, sen protestar por traballar con cada vez menos xente, agora o pago sexa a represión ante a organización sindical.

A CUT estará as veces que falga falta diante de Fátima reclamando a súa responsabilidade ética para coas traballadoras da concesión de cociña que leva ARAMARK. Se tocan a unha, tócannos a todas.