A CUT esixe a inmediata posta en liberdade do compañeiro detido esta mañá en Compostela

55

A detención produciuse mentres o militante da CUT participaba nunha cadea humana que tiña como obxectivo impedir o desafiuzamento dunha familia obreira do barrio compostelán de Aríns.A Central Unitaria de Traballadores/as esixe a inmediata posta en liberdade do seu compañeiro, detido esta mañá mentres participaba nun acto de lexítima resistencia popular fronte á ofensiva depredadora do Capital.O dereito á vivenda, recoñecido na propia Constitución Española, é conculcado de feito cada día no estado español por xuíces e policías que actúan como unha simple ferramenta de control e opresión de clase ao servizo dos intereses dunha minoría, a do gran capital financeiro. Ante esta situación, as accións de autodefensa e resistencia popular, como a de Aríns de hoxe, son completamente lexítimas e necesarias.A CUT esixe, así mesmo, a inmediata posta en liberdade do resto das persoas que participaron no acto de solidariedade e resistencia popular.VIVA A LOITA OBREIRA!