Nas eleccións sindicais que se celebraron en UNVI, empresa dedicada á fabricación de autobuses situada no Polígono de San Cibrao das Viñas, na cidade de Ourense, a CUT presentaba por primeira vez candidaturas nos dous colexios.
Obtivemos tres delegados na lista de especialistas e un delegado na de técnicos. O comité de empresa queda conformado por 5 delegados da UGT e por 4 da CUT, despois de que a empresa fixera a súa aposta sindical (e xa sabemos que significa esto) pola UGT.
a CUT presentaba por primeira vez candidaturas nos dous colexios. Obtivemos tres delegados na lista de especialistas e un delegado na de técnicos
Destaca tamén o considerable número de votos en branco que se emitiron, auspiciados por siglas que non deron presentado candidatura e preferiron axudar a UGT e á empresa a ter a maioría no comité.
Os compañeiros da CUT agradecen todo o apoio recibido e loitarán durante estes catro anos por facer un sindicalismo combativo e asembleario á altura do importante apoio obtido.