A Central Unitaria de Traballadores/as obtivo dous delegados no comité de nove na Xunta de Persoal do Concello de Marín. Os resultados destas eleccións, celebradas este 28 de novembro, son un claro sinal de que os traballadores e traballadoras de Galicia demandan un sindicalismo de clase galego. Tal análise dedúcese da confianza depositada na candidatura da CUT, xa que era a primeira vez que nos presentabamos no Concello de Marín, sendo unha das candidaturas máis votadas para representar aos 114 traballadores/as deste Concello. Os outros sete representantes os reparten as restantes centrais sindicais, xa coñecidas polo seu progresivo desentendimento con respecto ao sindicalismo de clase e a súa tendencia ao pactismo coa patronal. A CUT valora en positivo estes resultados e anima aos traballadores con conciencia de clase a organizarse e loitar dentro da nosa central. Será a loita solidaria de todos e todas nós a que garanta o éxito das nosas batallas.