Onte celebrarónse eleccións sindicais en VERTIFIL INDUSTRIAL S.L., empresa dedicada á fabricación de tecidos técnicos para usos industriais ubicada na localidade pontevedresa de Moraña. A CUT presentaba lista por vez primeira e obtivemos dous delegados dos cinco que conforman o comité de empresa, quedando este conformado por 3 delegados da CIG e 2 da CUT.
Afrontamos con ilusión este novo reto sindical e coa determinación de cumprir cos obxectivos marcados: cumprimento dos anexos do convenio, melloras na seguridade e saúde laboral, melloras na conciliación e ,sobre todo, poñendo enriba da mesa a ferramenta sindical asemblearia como medio de traballo.