A CUT entra no comité de empresa de Bosch Service con 5 delegadas

329

A CUT entra con forza no comité de empresa de Bosch Service Solutions, con 5 representantes nun comité de 23.

Logo de 6 anos sen promover eleccións, por fin chegou o momento de dar a palabra ás persoas traballadoras. E as persoas traballadoras falaron con contundencia.

Nos derradeiros anos, ante a pasividade dun comité acomodado, a compañeira Natalia colleu as rendas da acción sindical neste centro de traballo. Con todo o sobreesforzo que implica traballar sen representación, pero co apoio de toda a estructura da CUT, foi quen de cimentar as bases nas que se apoian os resultados obtidos, mostrando o sindicalismo combativo e de clase que representa a CUT.

Parabéns á compañeira e parabéns ás traballadoras de Bosch.