A CUT desconvoca a Folga en Urbaser-Redondela

132

Logo do acordo acadado entre ambas partes, o comité de folga da empresa liderado pola CUT decidiu desconvocar a Folga na recollida de lixo de Redondela.
Segundo informa o delegado da CUT na empresa, Alberto Covelo, a desconvocatoria da Folga prodúcese logo de que a empresa Urbaser-Redondela acordase unha suba salarial do 1.5 por cento para os vindeiros dous anos, así como outras medidas menores referentes aos cambios regresivos que a empresa pretendía introducir no convenio en materia de vacacións, bolsas de horas e flexibilidade horaria. En palabras de Alberto Covelo: “O acordo amosa, novamente, que a única batalla perdida no terreo laboral é a que non se dá, e que a unidade dos traballadores é unha arma fundamental á hora de defender os seus dereitos”.