Os traballadores da empresa Faurecia concentráronse onte diante das instalacións da empresa en Valadares, Vigo, para protestaren contra o empeoramento das súas condicións de traballo.
Entre as novas medidas regresivas cos dereitos e condicións laborais dos traballadores introducidas pola dirección da empresa, atópanse un forte aumento da temporalidade na contratación así como unha obrigatoria da xornada, convertendo contratos fixos a tempo completo, en contratos eventuais a tempo parcial.A Central Unitaria de Traballadores/as denuncia esta ofensiva da dirección da empresa non están xustificadas por un descenso na facturación ou na produtividade, e que non teñen máis obxecto que o de obter máis beneficios á costa da calidade de vida dos obreiros.