A CUT denuncia incumprimentos masivos na construción do AVE

51

A Central Unitaria de Traballadores/as presentou hoxe unha denuncia contra a empresa construtora do trazado do AVE ao seu paso por Catoira.Os incumprimentos masivos en cuestión da lexislación laboral vixente en materia de prevención de riscos laborais e mesmo da propia situación contractual dos traballadores provocaron a denuncia da CUT-Ribeira quen sinala como responsable subsidiario destas graves faltas ao Ministerio de Fomento e Adif.Como xa ficou demostrado en moitas outras ocasións, o oportunismo político e utilización mediática destas grandes obras de infraestrutura agocha a terrible realidade do incumprimento das mínimas condicións de seguridade laboral e condicións laborais dos traballadores que son contratados moitas veces en termos de semiescravitude nun sector, o público, que debera ser exemplo de respecto minucioso dos nosos dereitos.